Dende o planeta Lentellon, Lalo e Rufino, dous valentes viaxeiros espaciais, queren dar a volta ao universo. A sua primeira parada e a Terra, onde atoparan aventuras, amigos e unha malvada mosca que esta a facer das suas agochada baixo a superficie. Como poderan vencela? Parece que o unico xeito e espertando o gran poder que todo lentellon leva dentro.
Tras a aventura que viviron na Terra, os intrépidos exploradores espaciais Lalo e Rufino, acompañados agora tamén por Bicudo, continúan a viaxe polo Universo. Un novo encontro coa mosca desviará o seu rumbo unha vez máis, aínda que nesta ocasión non serán os únicos que vaian tras dela... Quen é esa misteriosa xoaniña e a que se refire cando fala da «Chuvia de Estrelas»?
A viaxe continua! Mentres os audaces Lalo e Rufino descobren novos lugares e personaxes, parte da tripulacion preguntase como atopar o famoso astronomo Pekler, o unico que pode darlles a pista que os leve ata a base do malvado Aphis. Pero o capitan ten outras prioridades: seguir coa sua gran volta ao Universo. A tension comeza a medrar entre os dous companeiros, e o que parecia unha amizade indestrutible esta a piques de romper. Sera esta a fin da sua aventura?